publicidade hoxe

O Concello de Cambre retira os carteis da Barcala das prazas públicas onde se prohibía xogar ao balón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, deu orde hoxe mesmo de retirar os carteis das prazas públicas da Barcala onde se prohibía xogar ao balón. Rivas explica que a redacción dos carteis non era adecuada e entende que os veciños expresen o seu malestar pola súa colocación. Segundo o primeiro edil, os carteis colocáronse tras varias peticións de veciños da zona que se queixaban das molestias ocasionadas polo ruído e os “balonazos”. Con todo, Rivas indica que a intención era que os máis maiores se desprazasen á pista de “futbito” que se atopa a menos de 70 metros destas prazas na mesma urbanización. E por suposto, asegura, “a ninguén lle cabe na cabeza que os pequenos non poidan xogar cos seus pais ao balón nunha praza pública, o que se quería impedir era que os mozos puidesen dar algún balonazo aos pequenos ou contra as paredes dos edificios, pero non que non xogasen os pequenos”, apunta.

11 de maio de 2015 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.