O Concello de Cambre recibe a visita dunha vintena de alumnos europeos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+
Visita dos estudantes europeos

Visita dos estudantes europeos

Hoxe tivo lugar no concello de Cambre unha recepción oficial da Corporación Municipal a unha veintena de alumnos europeos que nesta semana visitan o noso concello. Ademais, tamen visitaron visita a igrexa de Cambre, o xacemento romano, e pola tarde a casa de Fernández Flórez e a fábrica de gaitas de Seivane. Seis Institutos de Alemaña, Polonia, Lituania, Turquía, Italia e España (o noso), veñen desenrolando un proxecto COMENIUS que foi concedido  a mediados do ano 2013 e que remata agora en xuño do 2015. O Título do Proxecto é  “Destroying stereotypes – Building a new Europa”  (Destruyendo estereotipos, construyendo una nueva Europa). Tiveron 5 encontros en cada un dos outros cinco países participantes (no curso 14/15 en Polonia, Italia e Alemaña e no actual en Turquía e Lituania), aos que asistiron profesores e alumnos do noso Centro. Entre o 8 e o 15 de maio terán o último, que poñerá fin ao proxecto e no que se evaluarán os traballos realizados nos outros cinco encontros. O alumnado visitante alóxase coas familias dos alumnos cambreses. As distintas delegacións chegaron o venres 8 de maio e regresarán aos seus países o venres 15 de maio. Asimesmo, terán dúas xornadas de traballo no IES (o luns 11 e o xoves 14 de maio), unha xornada de convivencia no que cada alumno estranxeiro estará coa súa familia de acollida (o domingo 10 de maio) e visitas culturais a Santiago (9 de maio), A Coruña (12 de maio) e Ourense (13 de maio).

11 de maio de 2015 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.