publicidade hoxe

O Concello de Cabanas organiza unha dobre ruta de sendeirismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

O próximo 17 de maio o Concello de Cabanas en colaboración co club KDM Cabanas Ocio Activo organizará unha nova ruta de sendeirismo. A novidade nesta ocasión é que se tratarán de dous percorridos, un pola mañá e outro pola tarde, dando a posibilidade ós asistentes de realizar a actividade durante todo o día ou ben escoller o percorrido que máis lles interese.

A primeira das rutas terá a súa saída ás 10:00 horas dende a Oficina de Turismo de Cabanas, cunha duración aproximada de catro horas e unha dificultade moderada. O destino da mesma será o Pico Castro, onde hai uns restos arqueolóxicos dun castro. Tras unha parada no Piñeiral da Madalena, a segunda das rutas sairá ás 15:30 horas con destino a Redes, pasando pola Praia de Chamoso. Nesta ocasión a duración aproximada será de tres horas e a súa dificultade baixa. Para o regreso, os participantes poderán decidir se volven camiñando ou en kayak. Inda que para esta segunda opción os interesados terán que facer unha reserva previa.

Aqueles que estivesen interesados en obter máis información ou apuntarse a estas rutas poderano facer no Departamento de Cultura e Deportes de Cabanas, chamando ó 981 49 59 59 extensión 3 ou no correo electrónico cultura@cabanas.es.

13 de maio de 2015 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.