publicidade hoxe

O Concello de Boiro organiza unha nova ruta de sendeirismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

Este sábado, 30 de maio organízase a III Edición da Ruta San Finx- San Ramón de Bealo. Trátase dun percorrido de 12 km e duración estimada de 4.00 horas. É unha ruta cunha variada gama de paisaxes onde o visitante entra en contacto con diferentes tipos de bosque como os da ribeira do río Beluso, a panorámica da desembocadura á ría dende monte Seixiño. Asemade, visitarase o museo das minas de San Finx, poderase ver en funcionamento un dos poucos muíños de río que quedan en funcionamento pola zona e, ao remate, veranse os petróglifos da Laxe do Agoeiro.

Haberá un servizo de autobús que fará os traslados de San Ramón ata San Finx. A ruta ten unha cota de inscrición de 3 euros e poden anotarse na Oficina de Turismo de Boiro, no mail turismo@boiro.org ou no teléfono 981842654 e na Oficina de Deportes de Lousame (Germán), no mail lousamedeportes@gmail.com ou no teléfono 981820494

26 de maio de 2015 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.