O Concello da Laracha fretará autobuses para asistir á “Xuntanza de Maiores” do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha anuncia a apertura do prazo de inscrición para participar na excursión que se realizará á localidade ourensá de O Carballiño o sábado día 6 de xuño con motivo da celebración da 37ª edición da tradicional “Xuntanza de maiores” que organiza a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Esta proposta vai dirixida ás persoas maiores, xubiladas ou pensionistas do noso municipio. O Concello fretará autobuses para facilitarlles o desprazamento e animar aos veciños a participar nesta xornada.

Os interesados deben apuntarse, dun xeito totalmente gratuíto, nos locais sociais da Laracha (edificio de Servizos Múltiples), Caión (antiga Casa Reitoral) e de Paiosaco (centro sociocultural de A Porta Santa). O prazo de inscrición remata o xoves 28 de maio.

A saída do autobús está prevista para as 7.15 horas desde a praza Eduardo Vila Fano de Caión e ás 7.30 horas desde a explanada do IES Agra de Leborís da Laracha.

14 de maio de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.