O Concello da Coruña habilita 40 prazas de aparcadoiro para motos na Mariña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Mobilidade que dirixe Begoña Freire, informa da creación de 40 prazas de motos na zona da Mariña, na contorna da oficina de Correos, e da ampliación do espazo destinado a aparcadoiros para motocicletas na praza de Lugo aproveitando a instalación dun punto de aparca-bicis con forma de coche na rúa Fonseca.

A medida responde ás propostas recollidas polo Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS) da Coruña. As motocicletas e ciclomotores representan o 10% do parque total de vehículos motorizados. Na Coruña, desde 2012, pasouse de 257 prazas de aparcadoiro de motos ás 571 actuais. Ademais, hai outras 158 planificadas para executar a curto prazo.

O fomento do uso das bicicletas como medio alternativo ao vehículo particular contribúe a liberar espazo da calzada na cidade. A súa utilización caracterízase polo seu menor tempo nos desprazamentos, menos pegada ecolóxica e menor custo, converténdose nunha opción real para a mobilidade diaria.

22 de maio de 2015 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.