O Coliseum acollerá a 27ª edición do Trofeo Miguelito o vindeiro domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Presentación do Trofeo Miguelito

Presentación do Trofeo Miguelito

O concelleiro de Deportes, Francisco Mourelo, acompañado da vicepresidenta da Deputación, Mariel Padín, recibiu a Miguel Ramos Medina e Eduardo Galán Palla, organizadores do Trofeo Miguelito, que o vindeiro domingo, 17 de maio, no Coliseum, cumpre a súa 27ª edición.

O evento, que conta coa colaboración do Concello da Coruña e de máis de 160 voluntarios, celébrase desde 1989 en honra ao yudoca coruñés Miguel Anxo López Pérez, Miguelito. Un total de 3.000 iudocas de entre 3 e 11 anos participan no trofeo. Procedentes de toda Galicia, a maioría, ao redor de 2.500, son da Coruña.

Os iudocas distribuiranse en 20 tatamis de pista e, en cada un, participan 40 nenos que formarán parellas e demostrarán as técnicas preparadas nos seus respectivos centros.
Realizaranse catro quendas -con 800 participantes en cada quenda-: 09.15, 10.30, 11.45 e 13.15 horas. No programa inclúese a participación de discapacitados.

Unha vez realizados os movementos, os xuíces anotan na cartolina do iudoca a valoración conseguida e na que indica o grao de perfección no movemento. Coas notas rexistradas, efectúase un balance posterior para determinar os centros que obtiveron as mellores puntuacións e o Trofeo Miguelito á mellor técnica. Na pasada edición, os centros gañadores dos premios foron o colexio Padres Franciscanos e os centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Eusebio dáa Garda e San Francisco Javier da Coruña, Ramón Otero Pedrayo da Laracha e Ramón Otero Pedrayo de Viloira (Barco de Valdeorras, Ourense). Ao final de cada actuación tamén se entregará un obsequio ás parellas pola súa participación.

11 de maio de 2015 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.