O Centro Comercial Arousa imparte un curso de maquillaxe de ollos
O Centro Comercial Arousa acollerá o vindeiro mércores 20, a partir das 20:00 h. e na 1ª planta, un taller de maquillaxe de ollos no que os asistentes aprenderán a resaltar a súa mirada e a corrixir imperfeccións. O curso, de carácter gratuíto e de entrada libre ata completar aforamento, estará impartido por profesionais do centro de estética e beleza Massada, que ensinarán aos asistentes, de forma práctica, as diferentes técnicas empregadas polos expertos para maquillar adecuadamente os ollos en función da súa forma e tamaño -almendrados, caídos, afundidos, xuntos, pequenos, etc.-.
Así, coñecerán como deben aplicarse as sombras, trucos para suavizar ou conseguir unha mirada máis intensa e acorde co look que se queira lograr ou como elixir a maquillaxe máis apropiada para destacar as características de cada tipo de ollo.
Os técnicos de Massada explicarán tamén como escoller o tipo de rímel máis adecuado a cada tipo de pestanas- delgadas, longas, curtas- e ao efecto que se desexa conseguir- alargar, rizar, adquirir volume-, ou os distintos formatos de delineadores –lapis, khol, líquido ou xel- que hai no mercado e os diversos resultados que ofrecen. Tamén mostrarán como aplicar corrector para disimular e mellorar a aparencia dalgunhas zonas como as olleiras, que cor debe seleccionar cada persoa ou as distintas presentacións que existen e as súas diferenzas – en crema, aplicador, lapis ou barra-.
Ademais, ensinarase aos asistentes a recoñecer os tres puntos crave das cellas, outro dos elementos que marcan e achegan carácter a unha mirada, fundamentais para conseguir unhas cellas favorecedoras e acordes a cada rostro.
Massada obsequiará aos asistentes ao curso cun completo estudo facial gratuíto, que lles axudará a coñecer o estado de saúde da súa pel para protexela fronte a agresións externas e mantela hidratada e luminosa todo o ano.











