O Centro Bernardo del Río dedica as primeiras xornadas de xuño ás audicións e aos concertos fin de curso
Para poñer o broche de ouro ao curso académico que está a piques de rematar, a Escola Municipal de Música Bernardo del Río programou para as primeiras semanas de xuño unha intensa actividade na que todos os alumnos do centro terán a oportunidade de actuar ante o público a través das audicións instrumentais e diferentes concertos.
As audicións instrumentais do trimestre desenvolveranse entre o 1 e o 5 de xuño na sala de concertos do propio centro. Estas audicións forman parte do programa escolar e fanse para avaliar a evolución do alumnado. Son abertas ao público.
O primeiro dos concertos de fin de curso terá lugar o día 9 de xuño ás 19:30 horas no Auditorio Municipal. Nel participarán as formacións máis numerosas formadas na Escola de Música como a Banda Infantil, a Banda Xuvenil, o Grupo de Percusión e o Combo Moderno.
O segundo dos concertos celebrarase o mércores 10 de xuño, tamén ás 19:30 horas, pero neste caso na Sala de Concertos do centro Bernardo del Río. Esta actuación a protagonizarán os solistas de piano, clarinete, violín, trompa e demais instrumentos, así como o Grupo de Corda e o Grupo de Guitarras.
Con estes dous concertos, a Escola Municipal de Música clausura un curso académico repleto de actividades para os seus alumnos, tales como o Festival de Iniciación á Música no que participaron os alumnos de 3 anos; o Festival de Danzas del Mundo do alumnado de 4 y 5 anos; o Concerto de Frauta doce para nenos e nenas dos grupos de 6 e 7 anos; as Audicións Instrumentais de cada trimestre, o Concerto de Nadal; o Concerto homenaxe a Mozart; o tributo a “The Beatles” e o Festival de Música e Movemento celebrado o pasado 20 de maio.











