O CEI-Nodus acollerá un encontro da Asociación de directivos de Comunicación de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Concellería de Desenvolvemento Local, que dirixe Rosana Rielo, informa de que a Asociación de directivos de Comunicación de Galicia celebrará mañá, mércores día 20 de maio, o seu encontro anual nas instalacións do Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo. Con motivo desta xornada terá lugar unha charla que pronunciará Mar Castro sobre o tema Comunicación Emocional. Abordará, entre outros, os seguintes contidos: intelixencia emocional, oratoria emocional, comunicación non verbal e persuasión no ciberespazo.

O acto terá lugar ás 17.00 horas e será aberto ó público. Para asistir á charla é imprescindible confirmar asistencia enviando un correo electrónico á dirección galicia@dircom.org.

19 de maio de 2015 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.