publicidade hoxe

O CCA Estrela de Marín pon en marcha unha nova edición de “Destápate”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Co obxectivo de revitalizar a hostelería de Marín, poremos en marcha, durante os fins de semana de Xuño (venres, sábados e domingos dende o 5 ao 28 en horario de 12.30-15.00 e 19.30-22.30) a II Edición de “DESTÁPATE POR MARÍN”. Trátase dun concurso de tapas, no que participarán 16 locais de hostelería, que elaborarán unha única tapa.

O prezo da mesma será de 1,5€. A dinámica do concurso é moi sinxela. Os clientes disporán dun “Tapasporte” (este documento poderase descargar tamén da web www.estrelademarin.es) que selarán a medida que proben as tapas. As persoas que completen toda a ruta, entrarán no sorteo do peso d@ gañador@ en cervexa e dunha fin de semana para dúas persoas no Hotel Balneario Isla da Toxa, e aqueles que realicen o 75 % da ruta (12 tapas) participarán no sorteo de diversos premios: 1 vale compra de 100€, 3 packs compostos de xamón e 2 botellas de viño e 5 pases dobles para as Termas de Cuntis.

Para entrar no sorteo dos premios, deberán depositar o “Tapasporte”, cos seus datos persoais, na urna que se habilitará para tal fin na sede social, en horario de 09 a 14 hrs. Os sorteos efectuaranse o 30 de xuño. Ademáis, as 15 primeiras persoas que entreguen o tapasporte completo, obterán un premio directo composto por 2 botellas de viño. Nos propios tapasportes, os consumidores poderán votar polas diferentes tapas do 1 ao 5. Para coñecer á tapa máis votada, só se computarán os votos de aqueles tapasportes que teñan alomenos os selos de 12 locais participantes. Ademáis, cada vez que un cliente pida unha tapa do concurso, recibirá unha papeleta para poder valorar do 1 ao 5 a atención e servizo recibido e poderán depositala, conxuntamente cos seus datos persoais, na urna que se habilite para tal fin no propio establecemento entrando no sorteo dunha cea para 2 persoas nese local.

Os locais participantes nesta II Edición son: Restaurante A Lonja Vella, Cafetería Alameda, As Cuncas, Café Bar Emily, Tapería El Camarote, Hotel Villa de Marín, La Huerta de la Abuela, Cafetería Royalty, Vinoteca Agustín, Cafetería Aroma, Cafetería Apolo, Tapería El Cortijo, Café Marítimo, Tapería Matinèe, Restaurante El Submarino e Cacho Pizza.

20 de maio de 2015 | 12:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.