O Carballiño acolle o espectáculo “Irene en Oriente Próximo”
A Área de Cultura do Concello de O Carballiño organiza para a tarde do xoves, día 21 de maio, un espectáculo titulado “Irene en Oriente Próximo”.
A actividade conta a historia de Irene, unha nena filla de cooperantes de Solidariedade Internacional de Galicia que cos seus pais percorre os países onde esta ONG galega traballa en proxectos de cooperación.. Así, a través dos ollos dunha nena, os Contos do Mundo, os contos de Irene, vannos traendo historias, lendas, tradicións e situacións que ás veces nos poden parecer lonxanas, pero que nunca deberan resultarnos alleas..
A función, que comezará ás 18 horas na Sección Infantil da Biblioteca Municipal, será de balde e está dirixida a nenos e nenas de 5 a 12 anos. Esta actividade forma parte do programa de dinamización da lectura “Ler conta moito” que a Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria pon a disposición das Bibliotecas que pertencen á Rede de Bibliotecas de Galicia.











