O campo de Fontecarmoa acolle un adestramento da Selección Galega de Rugby

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilagarcía de Arousa
A-
A+

Este mércores desde as 20:00 horas celebrarase no campo de Fontecarmoa un adestramento da Selección Galega de Rugby. Será a segunda concentración do equipo que se esta preparando para disputar a GALEUCAT CUP (Antiga Histori Cup) que lles enfrontará a Euskadi e Cataluña. Este ano o calendario quixo que ambos os partidos se disputen en Galicia o 30 de Maio e o 13 de Xuño.

En Vilagarcía haberá moita presenza arosana con 5 xogadores de Os Ingleses convocados ( Jesús Moure “Sito”, Hadrián Otero “Hache”, Marcos Romero, Antón Teijeiro “Bosníaco” e Alejandro Pintos. Ademais dos xogadores do Blusens Universidade de Vigo Adrián Fernández “Gambita” e David Riveiro “Alvariño”.

No corpo técnico David Losada que repite por terceira tempada estará acompañado polo ferrolán e Vilanovés de adopción Alberto Mera (Adestrador da Universidade de Vigo) e David Monreal (Adestrador de Ourense) que aínda que non poderá estar para a GALEUCAT CUP por motivos persoais si participará nos adestramentos previos.

Gonzalo Fernández “Gamba” que foi un fixo da selección durante toda a súa traxectoria como xogador de rugby é o encargado de substituír a José Ramón Santorum “Ju” como Manager do equipo.

5 de maio de 2015 | 20:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.