publicidade hoxe

O Burela Pescados Rubén sufriu para vencer ao Majadahonda FSF Afar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela Pescados Rubén sufriu máis do esperado para vencer ao Majadahonda FSF Afar4 por 3-2 . O conxunto mariñao sumou tres puntos ante un rival escaso de recursos que aproveitou a súa oportunidade para pelexar por un empate que finalmente non chegou. Durante o primeiro periodo a superioridade burelá non tiña discusión e sen realizar un partido brillante dominou en todo momento ao Majadahonda. Nos primeiros minutos a mellor ocasión tívoa Claudia co seu remate ao pau e no minuto 8 sería Cris a encargada de abrir a lata visitante. Co 1-0 incrementouse o control laranxa aínda que se resistía o segundo tanto ata que Peque logrou finalizar unha boa xogada para situar o 2-0. Tainã probou fortuna nun par de ocasións con disparos de longa distancia que se foron desviados por pouco. 

Co 2-0 chegouse ao descanso e na continuación o Burela Pescados Rubén saíu disposto a non deixarse sorprender. Cunha presión alta encerrou ao Majadahonda que non lograba sacudirse o dominio marinao. A insistencia laranxa tivo o seu premio nunha xogada guiada por Peque que asistiu a Claudia para establecer o 3-0 que parecía sentenciar o partido pero no minuto 31 as madrileñas sorprenderon, por partida dobre, á escuadra local. Marta Rodríguez aproveitou unha perda no área laranxa para situar o 3-1 e dez segundos despois Marta Mateo peitea un balón longo que sorprende a Jozi para establecer o 3-2. Os desaxustes mariñaos facilitaron que as madrileñas medraran e case conseguen o empate que evitou Jozi tras disparo de Marta Rodríguez. O 3-2 provocou o desconcerto local e de novo Marta Rodríguez puido lograr o empate pero o seu disparo saíu desviado por pouco. Na recta final as madrileñas apuraron as súas opcións con xogo de cinco pero o marcador non se moveu e os tres puntos quedáronse en Vista Alegre. 

2 de maio de 2015 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.