publicidade hoxe

O Burela imponse ao Ordizia Ke

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

As da Mariña saíron en avalancha sobre a portería do Ordizia. Tras unha magnífica ocasión nos primeiros compases, de Claudia asistida por Peque, que freou o corpo de Itziar, xa no primeiro minuto, Gaby subiu o 1-0. O continuo perigo galego sobre as filas das de Guipúscoa non atopaba os seus froitos, con Maite, que non puido controlar o esférico na área visitante no 5 e Paula, no 8, rozando o pau. Con todo Bea si soubo aproveitar a súa oportunidade no 11, de rexeite. Con 2-0, Peque, cun mísil no 14, e Cris, asistida por Claudia, dispuxeron das mellores oportunidades locais para ampliar distancias antes do descanso.

As laranxas volveron á pista dominando o xogo. Tras o 3-0 anotado xa no minuto 21 por Maite, de picada, Ordizia apostou polo xogo de cinco adiantando á meta Itziar sen complicacións para Patri. No minuto 27, o pase cruzado de Gaby non atopou resposta na área visitante, e no 29, con porta baleira, o disparo de Claudia topouse coa defensa de Guipúscoa. Superado o ecuador da segunda parte, as de Lucas non cesaron no seu empeño de ampliar a fenda; no 31 Claudia e no 33 Gaby estreláronse contra a porteira, no 32 o pau freou o lanzamento raso de Peque. Patri resolveu sen problemas a mellor ocasión das do Ordizia, nas zapatillas de Olatz (minuto 38). A falta de 52 segundos, Gaby non puido aproveitar a porta baleira cun balón demasiado alto. Paula e Bea tamén intentaron incrementar a renda laranxa ao final  sen éxito.

Vista Alegre pecha o pano de 2014-15 con tres puntos máis. A noticia negativa da xornada protagonizouna Peque; a pichichi burelista pode sufrir unha escordadura tras unha mala pisada nos últimos minutos do encontro.

23 de maio de 2015 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.