publicidade hoxe

O Burela FS Pescados Rubén B clausura mañá a liga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela FS Pescados Rubén B clausura a liga mañá (18.00 h., horario unificado), coa visita do 5Coruña FS a Vista Alegre. Os pupilos de Juanma Marrube afrontan o último compromiso da competición dende unha meritoria décima praza, con 30 puntos.

“Estou moi satisfeito por ver como disfrutan os xogadores e pola súa actitude, por saír sempre a xogar, sen querer especular” recoñecía o técnico, Juanma Marrube, á fronte do conxunto laranxa na recta final da tempada. Respecto á valoración das dez xornadas nas que Juanma dirixiu ao equipo indicou que “Estou moi contento polo traballo e sacrificio dos xogadores, polas súas ganas de querer traballar e aprender sempre, incluso pola evolución no xogo, aínda que ás veces non nos acompañaran os resultados”.

Derbi mariñao.Na penúltima xornada as promesas laranxas caeron no feudo da Pizzería A Fuga Xove FS por 3-0 nun derbi mariñao no que os burelaos competiron ben ante o líder da categoría que con esta vitoria acaricia o título de Terceira División e, consecuentemente, o ascenso. 

 

8 de maio de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.