publicidade hoxe

O Burela despídese en terceira ata a vindeira tempada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela FS Pescados Rubén B despediu a liga de Terceira División o sábado pasado en Vista Alegre cun axustadísimo 2-3 na visita do 5Coruña FS. Oito vitorias, seis empates e doce derrotas outorgáronlle ao final a undécima praza, con 30 puntos.

Tras pechar unha boa liga, os rapaces que comezaron a competición con Iván Cao, Lucas, e a remataron con Juanma Marrube continuarán coa súa preparación ata o verán, alternando compromisos entre o equipo sénior masculino e a categoría xuvenil.

Ficha técnica

Burela FS Pescados Rubén B: Erik, Rubén (1), Alemán, Aitor (1), Daniel, cinco inicial; tamén xogaron Riveiro, Pancho, Rafa, Jorge, Borja, Alejandro, Javi Fajardo

5Coruña FS: Alfonso (1), Daniel (1), Luis, Jorge, Iván, cinco inicial; tamén xogaron Jesús (1), Andrés, Pablo, David, Jaime, Óscar

Árbitros: Álvarez López // Castro Bermúdez (Lugo). Por Burela FS amarela a Daniel. Por 5Coruña amarela a Daniel e Luis

 

14 de maio de 2015 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.