publicidade hoxe

O Burela despide a tempada en Vista Alegre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela FS Pescados Rubén despide a tempada 2014-15 ante a afección laranxa este sábado, na penúltima xornada de Primeira RFEF, coa visita dun necesitado Ordizia Estanda KE (Vista Alegre, 18.00 h., horario unificado).

A tan só un punto da segunda praza tras o tropezo do Cidade das Burgas a semana pasada, o equipo de Iván Cao, Lucas, pelexará mañá para facerse cos tres puntos ante un rival que ocupa a penúltima posición, con 19: “Medirémonos a un equipo necesitado de puntos, que chegará ao 200% para intentar escalar algunha posición e fuxir do perigo; seguramente nos espere pechado atrás, intentando aproveitar algún erro noso” adiantaba o técnico burelista, tendo en mente tamén a cita de Navalcarnero de xuño:” Estamos afrontando unha recta final con poucos efectivos, ese é o noso maior hándicap, pero a nosa principal meta é chegar o mellor posible á Copa de España” aseguraba Lucas. 

A única ausencia será Lara, que se recupera da súa lesión de nocello. O último adestramento da semana está previsto para esta tarde, ás 17.00 horas

22 de maio de 2015 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.