O Banco de Alimentos de Pontevedra recibe 30 quilos de conservas Pescamar polo MVP de Adam Waczynski

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraSantiago de Compostela
A-
A+
Adam Wakzynski

Adam Wakzynski

O Rio Natura Monbus Obradoiro segue sumando quilos de solidariedade á súa comunidade. Coa volta dun xogador do equipo ao Quinteto Ideal da Xornada da liga Endesa, o membro do Club de Empresas Obradoiro Pescamar volverá doar a súa valoración en quilos de latas de conserva, nesta ocasión ao Banco de Alimentos de Pontevedra, cidade na que a firma ten a súa sede. 

E é que Adam Waczynski,  con 24 puntos, 6 rebotes e 3 asistencias, sumou 30 de valoración na vitoria ante o Unicaja. É a segunda vez que o polaco artificia esta doazón de Pescamar, na anterior ocasión, coa súa 29 de valoración e a súa inclusión no apartado “liderado” ante o Dominion Bilbao Basket.

Neste caso ademais, o logro foi accidentado, ao sufrir un golpe no partido que supuxo 8 puntos de sutura nunha cella. “Atópome ben, é só un pequeno corte e coa emoción polo título de MVP da xornada, doe menos”, chancea mentres posa divertido ocultando as secuelas do lance. “Por suposto, estou contento de achegar de novo a esta causa e oxalá nos dous partidos que quedan eu ou algún dos meus compañeiros podamos facelo de novo.  É algo que me chama a atención porque en Polonia, por exemplo, non hai este tipo de implicación social das empresas”, afirma.

12 de maio de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.