O auditorio de Ferrol acollerá a actuación da Orquestra Sinfónica de Galicia e o concerto de Abraham Mateo
A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, organiza esta semana dúas grandes actuacións musicais no Auditorio de Ferrol. A primeira proposta musical terá lugar o vindeiro xoves, día 21, ás 20:30 horas e correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia. O concerto está organizado conxuntamente coa Universidade da Coruña con motivo do seu 25 aniversario e contará no seu programa con pezas de Hans Abrahamsen, C.Monteverdi e O. Respighi, entre outros. As entradas por invitación poden ser recollidas no despacho do Teatro Jofre até completar aforo.
O segundo dos concertos desta semana no Auditorio de Ferrol terá lugar o vindeiro venres, día 22, e está integrado dentro do ciclo de grandes concertos “Son(S) de Ferrol” que elabora a Concellería de Cultura do Concello de Ferrol. Abraham Mateo, a nova promesa do pop internacional, Abraham Mateo, subiráse ás 21:00 horas ao escenario do Auditorio de Ferrol para presentar o seu último traballo discográfico Who I am.
As persoas interesadas en asistir ao concerto deste fenómeno adolescente poderán adquirirse a súa entradas no despacho do Teatro Jofre ou a través da páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).











