publicidade hoxe

O Asalto ao Castelo prepárase para a Gala-Casting do 30 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

Como cada ano, a organización do Asalto ao Castelo realizará a Gala-Casting desta nova edición. Celebrarase o próximo sábado 30 de maio ás 21.15h no auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo e terá varios obxectivos a acadar.

Servirá para coñecer o XX edición da festa, na que se detallará todo o programa deste ano, cartel, camiseta, vídeos promocionais, teatro, música, pinchos irmandiños e demais actividades paralelas, así como as novidades deste 20 aniversario. Este ano, será conducida por Alba Mancebo e Manolo Rial, e dirixida por Julito Lema coa intención de facer pasar un bo anaco aos asistentes.

Como xa é costume, Guillermo Méndez, o director da obra teatral deste ano, escollerá o elenco de actores e actrices para a peza que se representará na noite do 4 de xullo.

Haberá sorpresas e actuacións especiais que amenizarán a noite. Por agora, aquí vai un adianto: https://www.youtube.com/watch?v=KszXEGGX5Nw . O trailer deste XX aniversario, acompañado musicalmente pola peza “Ímpetu” de Efra, que vai incluida no CD IRMANDIÑO SON.

V Feira Artesanal

Recordamos que o prazo para apuntarse á Feira Artesanal que se celebrará o mesmo día do Asalto, sábado 4 de xullo, xa está aberto.

Os participantes na feira deberán aboar 20 euros en concepto de fianza no seguinte número de conta (ES61 0133 6801 7942 0000 1284) dos cales 10€ seranlle devoltos no caso da súa asistencia á feira, mentres que os outros 10 servirán como fondo para a colaboración coa festa do Asalto ao Castelo.

26 de maio de 2015 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.