publicidade hoxe

O alumnado do San Miguel de Reinante coñece máis sobre o fútbol sala laranxa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+
Visita dos xogadores

Visita dos xogadores

O alumnado do CEIP de San Miguel de Reinante coñeceu de preto o fútbol sala laranxa o venres pasado coa visita ao centro do director da ED Burela FS, Alfonso Mera, xunto aos xogadores/as de Primeira División Isi, Tainã e Renato.

Os nenos/as do colexio barreirense entrevistaron os representantes laranxas para a revista escolar e tamén tiveron a oportunidade de xogar con eles sobre a pista como clausura da liga de fútbol sala que os pequenos/as organizaron ao longo do curso durante os recreos.

O CEIP Pedro Caselles de Xove e o Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo tamén compartirán o fútbol sala esta semana co CD Burela FS Pescados Rubén.

11 de maio de 2015 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.