O alcalde vigués define a Praza de Peniche como unha das mellores zonas de arte urbano do mundo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Caballero na visita á praza de Peniche

Caballero na visita á praza de Peniche

O alcalde de Vigo achegouse á Praza de Peniche na que se investiron 175.000 euros. Durante a visita, felicitou ao “maestro” Antón Pulido polo deseño que converteu o antigo cruce de Peniche “nunha das mellores zonas de arte urbano do mundo”.

O alcalde de Vigo escolleu a Praza de Peniche para realizar á súa primeira visita institucional logo das pasadas eleccións do día 24 de maio, un lugar “especial que amosa unha nova forma de enteder a cidade, un Vigo do século XXI”, explicou. Durante a visita felicitou ao “maestro” Antón Pulido polo deseño que converteu o antigo cruce de Peniche “nunha das mellores zonas de arte urbano do mundo”.

Lembrou a complexidade do proceso porque houbo que exproiar e derrubar as edificacións para facer un deseño “nunha zona que parecía imposible de mellorar”, referíndose a que a entrada á Camiño de Pazos era un calexón e “agora é unha obra de arte”. Durante as declaracións eloxiou os traballos dos concelleiros de Urbanismo, Fomento e Cultura.

O importe do proxecto foi de 175.000 euros e se actuou sobre 280 m2 que transformaron unha zona de edificios en ruína nun espazo de convivencia cidadá. A actuación nese novo espazo urbano se conforma cun pavimento de formigón no chan coloreado, o perimetro da praza estará rodeado por un mural de altura variable.

26 de maio de 2015 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.