O alcalde de Ferrol participará na conmemoración do Día das Letras Galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, participará o pasadomañá domingo na conmemoración do Día das Letras Galegas que como vén sendo habitual organiza a Agrupación de Asociacións Veciñais da Zona Rural coa colaboración da Administración local. Este ano o acto se celebrará no local veciñal de San Pedro de Marmancón a partir das 17:30 horas.

Durante a celebración desta conmemoración do Día das Letras Galegas realizaráse unha lectura de Xosé Fernando Filgueira Valverde, autor homenaxeado este ano. Tamén actuarán a Coral Polifónica O Cruceiro de Valón e a Coral Ecos de Chamorro para poñer o colofón á celebración coa interpretación do Himno de Galicia.

Xosé Fernando Filgueira Valverde estudou en Santiago a licenciatura de Dereito e obtivo en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, sección de Historia. O autor galego escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, ademais de pronunciar discursos e conferencias. Entre elas, destacan produccións como Da épica na Galicia medieval e Rosalía no seu fogar.

Libros para os centros escolares

Por otra banda, a Concellería de Educación repartirá un total de 85 libros do homenaxeado deste ano con motivo do Día das Letras Galegas. A obra “Quintana Viva” de Xosé Filgueira Valverde se distribuirá entre a vintena de centros educativos de Infantil e Primaria do municipio ferrolán para que incorporen este exemplar ás súas bibliotecas.

15 de maio de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.