publicidade hoxe

O alcalde de Cedeira informa de que a Área Sanitaria cubrirá a praza de pediatra en xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O alcalde de Cedeira, Luis Rubido, informou esta mesma mañá de que, tras requerir información á Xerencia da Área Sanitaria, responsables desta lle confirmaron que ao longo do mes de xuño se procederá á cobertura da praza de pediatra no centro de saúde cun facultativo especializado. Dende hai un tempo, e de forma provisional, encárgase do servizo unha médica da medicina xeral. Pero, segundo lle trasladaron ao rexidor, a Administración sanitaria iniciou os trámites para que a praza sexa ocupada por un médico con especialidade en pediatría.

13 de maio de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.