O alcalde de Ames evita o debate cos candidatos do resto de formacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

Os integrantes da candidatura de Pacto X Ames preguntámonos que é o que preocupa tanto ó actual alcalde, e candidato do Partido Popular, para rexeitar reiteradamente a súa asistencia a debates cos candidatos das outras formacións políticas. A semana pasada Santiago Amor decidiu no último momento non participar no debate celebrado no CEIP de Bertamiráns, enviando no seu lugar ó número dous da súa lista.

Días despois, esta mesma tarde, o IES Milladoiro organizou outro encontro para dar a oportunidade ós candidatos dos distintos partidos de expresar as súas opinións sobre a actualidade municipal e comezar a dar a coñecer os seus programas electorais. E, como era de esperar, o alcalde prefiriu agocharse e mandar novamente ó segundo da súa candidatura.

Ante este desplante, dende PxA preguntámonos os motivos polos que Santiago Amor, representante do partido que goberna actualmente en Ames, o PP, ten tanto medo a este tipo de encontros, o que leva a pensar que non está moi orgulloso da súa xestión no consistorio.

6 de maio de 2015 | 20:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.