publicidade hoxe

O 31 de maio celebrase en Corzáns a Festa da Sementeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSalvaterra de Miño
A-
A+

A Asociación Quinta do Piñeiro  vén de presentar, coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño,  o cartel da IX edición da Festa da Sementeira, unha festa onde se pon en valor a maneira tradicional de sementar dos nosos pais, nais, avós e avoas, intentando recuperar e por en valor algo tan tradicional como a forma de traballar o noso campo. Ás 11 da mañá entraran pola Quinta do Piñeiro os bois para realizar as actividades da labranza e sementeira, bois criados para esta ocasión por parte dun veciño da parroquia, o acto será animado polo grupo tradicional RONCO&FOL.

Ao longo do día, todos aqueles que nos queiran acompañar poderán desfrutar dunha feira artesanal, como novidade este ano farase un obradoiro de cesteiros, con nenos, haberá tamén de telleiros, alfareiros, rosquilleiros, etc. Para os que nos acompañen e desexen pasar con nós a tarde, terán unha carpa onde se servirá –carne ao caldeiro, xamón asado, polbo e empanada. Ademais un ano máis celebrarase unha quedada cabalar, os interesados poden inscribirse a través no número 636 544 666 / 600 272 570. Xa pola tarde seguirán as actividades coas II olimpíadas agrícolas  e para rematar un concerto a cargo do grupo folk DONICELAS.

25 de maio de 2015 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.