O 1 de xuño ábrese a reserva de praza para alumnos de novo ingreso na Escola Municipal de Música

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Escola Municipal de Música “Bernardo del Río” abre o vindeiro luns, 1 de xuño, o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso. A idade mínima para acceder ás ensinanzas musicais que se imparten no centro é de 3 anos. Os interesados dispoñen de prazo ata o12 de xuño para formalizar a reserva.

Ao igual que o curso pasado, os nenos e nenas poderán comezar os seus estudos na Escola de Música, a partir dos 3 anos, na materia de Iniciación á Música. Tamén haberá prazas en Música e Movemento, para os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e 7 anos e formación instrumental a partir de 8 anos nun total de 15 especialidades: piano, guitarra, violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta traveseira, clarinete, saxofón, percusión, trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba.

As solicitude de ingreso deberán presentarse no prazo mencionado nas oficinas da Escola Municipal de Música, sita na antiga Escola do Ramal, de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 pola mañá. Tamén e poderá realizar o trámite pola tarde, os luns e venres de 16 a 20 horas; os martes de 16 a 17 horas e os xoves de 16:30 a 20 horas.

Ademais, os interesados poden facer chegar a solicitude de novo ingreso por correo electrónico, na seguinte dirección: escolamusica@vilagarcia.es , para o cal deberán indicar o nome do alumno que solicita praza, data de nacemento e, no caso de alumnos nados no ano 2007 e anteriores, apuntar tamén a especialidade instrumental para a que solicitan praza.

A lista de admitidos e a de agarda publicarase o 25 de xuño no taboleiro de anuncios da Escola de Música Bernardo del Río e na web www.emmusicavilagarcia.com  O formulario de solicitude de praza pode recollerse nas dependencias do ramal ou imprimir dende a zona de descargas da web do centro Bernardo del Río. Os alumnos admitidos deberán formalizar a matrícula os días 25, 26 e 29 de xuño.

29 de maio de 2015 | 12:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.