publicidade hoxe

Novos cursos de “Creación e xestión de blogs” e “Habilidades para a venda” en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A concellaría de formación e emprego do concello de Gondomar, organiza xunto coa antena Cameral dous cursos para o mes de xuño cuxo prazo de inscrición xa está aberto.

“Creación e xestión de blogs”, impartirase nun total de 12 horas, co que se pretende dar a coñecer as ferramentas actuais de comunicación e promoción persoal e empresarial que encontramos en internet, como son os blogs. Este curso terá lugar os días, 1, 2 e 3 de xuño de 9:30- 13:30 h.

“Namorando os teus clientes, habilidades para vender máis e mellor” distribuído en 9 horas, nel trataranse aspectos persoais e emocionais da venda para lograr a satisfacción do cliente. Este curso será impartido por Pedro Rodríguez de Océano consultores e terá lugar os días, 8, 9 e 10 de xuño de 19:00- 22:00 h.

Ambos os dous cursos serán gratuítos para o alumnado e dispoñerán de 25 prazas cada un. As persoas interesadas deberán cubrir unha solicitude que terán á súa disposición no Centro de Desenvolvemento Local do concello, rematando o prazo o 27 de maio.

Priorizarase o alumnado empadroado en Gondomar achegando á solicitude o xustificante do padrón.

21 de maio de 2015 | 10:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.