publicidade hoxe

Nova reunión do comité organizador do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

Onte 5 de maio tivo lugar unha reunión do Comité organizador dos Encontros ao cal asistiron todos os seus integrantes incluído o alcalde de Boiro Juan José Dieste. Nesta reunión tratáronse asuntos sobre a actividade a levar a cabo e puntos sobre loxística e infraestruturas.

Así, aprobouse o programa de previas que son uns actos que se levarán a cabo polos concellos da Mancomunidade a fin de presentar e dar a coñecer o Encontro nos mesmos.

As datas establecidas son:

– Sábado 6 de xuño en Cabo de Cruz – Boiro

– Sábado 13 de xuño na Pobra do Caramiñal

– Sábado 20 de xuño en Rianxo

– Sábado 27 de xuño en STª Uxía de Ribeira

En canto ao programa de estes actos aínda está por cerrar pero xa se barallan dende un baile do pobo, pasando por teatro na rúa, a mesas redondas … Así mesmo se está a buscar financiamento para que un grupo folk galego, coma Treixadura, por exemplo, actúe no evento. En este punto as negociacións xa están bastante avanzadas

Así mesmo, asegurouse o compromiso e dispoñibilidade por parte do alcalde de Boiro para a dotación e infraestrutura necesaria para o evento. Tamén se acordou ter una xuntanza cos corpos de Protección Civil, Policía Local e Garda Civil de Boiro para mediados de xuño co fin de establecer a seguridade do evento.

En canto á participación de colectivos xa confirmados están : AMBAR E AMICOS , as chicas da memoria da Cruz Vermella de Boiro e as agrupacións tradicionais: A Dorniña de Abanqueiro, Fiadeira, Abeloura, Lumeira, Arume e os da Boina, Xilbarbeira, Nunca é tarde, Os da volta e as Xoaniñas, Aroña, Ballet folclorico Boirense e Ar de Loureda entre outros.

6 de maio de 2015 | 11:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.