publicidade hoxe

Nova edición do torneo escolar de tenis do Concello de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Deportes, e en colaboración co Club de Tenis Gondomar, organiza o VII Torneo Escolar Benéfico de Tenis. A competición terá lugar o próximo sábado día 6 de xuño, nas pistas exteriores do IES Auga da Laxe e no Pavillón de Deportes Chano Piñeiro. Dará comezo ás 09.30 horas e finalizará en torno ás 14.30/ 15.00 horas.

Abrangue as categorías pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Todas as categorías son mixtas. Os partidos serán a puntos con servicios alternos, con cadro eliminatorio y de consolación.

Ás 9:30 horas en punto darán comezo os partidos, todo aquel que non se encontre no recinto non poderá participar. Poñerá punto e final á xornada, a entrega de trofeos aos gañadores, merenda e a finalización, regalos para todos os participantes e sorteo de premios.

O prazo de inscrición remata o día 3 de Xuño. Os participantes deberán abonar 3€. Todo o diñeiro recaudado adicarase a campaña “Da el Paso” a beneficio de Desirée Vila. Acéptanse donativos a maiores.

21 de maio de 2015 | 10:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.