publicidade hoxe

Nova edición do certame de pintura ao aire libre en Camariñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñas
A-
A+

O vindeiro sábado 6 de xuño celebrarase o III Certame de Pintura ao aire libre. O tema deste ano é libre e faise extensible a todo o concello de Camariñas. Os participantes poderán presentar os seus soportes entre as 10.00 e as 11.00 horas para que sexan selados polos organizadores e deberán entregar as súas obras como moi tarde ás 19.00 horas. Ás oito, despois de que o xurado delibere, celebrarase o acto de entrega de premios, cuxa contía total ascende a 1.000 euros: 500€ para o primeiro clasificado, 300€ para o segundo, 200€ para o terceiro e lotes de produtos para as mencións. Ademais, as obras presentadas quedarán en exposición no Faro Vilán ata o 30 de xuño e o público poderá votar para conceder outro premio, consistente nunha estancia dunha noite en Camariñas. Tamén entre os votantes sortearase un lote de produtos.

Dispomos da colaboración do Concello de Camariñas, a Autoridade Portuaria da Coruña, a Deputación, Cerdeimar, Mobles Sambade, Ricardo Máis e Fillos, Distribucións O Vilán, Recreativos Grifomar, Hotel Rústico O Lugar do Cotariño e Froitas Frutín. Lembramos tamén que durante este mes se pode ver na sala de exposicións do Faro Vilán unha exposición de pintura e poesía de Antón Sobral e Xaime Toxo.

25 de maio de 2015 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.