Nova edición do Campus de verán do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Santiago Futsal non falla á súa cita co deporte durante as vacacións de verán e organiza, por undécimo ano consecutivo, o seu campus de verán para nenos e nenas. O campus, que comezará o luns 29 de Xuño e terá unha duración de 5 días, até o venres 3 de Xullo, combinará adestramentos de futsal con outras actividades de lecer, xogos e clases de inglés.

A gran novidade desta edición do campus de verán do Santiago Futsal é que incorpora a categoría de psicomotricidade, ampliando desta maneira o límite de idade dos participantes, desde os 3 aos 14 anos.

O horario xeral será de 10h a 14h pola mañá e de 16.30h a 19.30h pola tarde, mentres que a categoría de psicomotricidade (3-6 anos) unicamente terá horario de mañá. Ademais, o club ofrece a posibilidade de quedar a comer e facer horario completo de 10h a 19.30h.

Nas próximas semanas o club ampliará información acerca das instalacións nas que se desenvolverá o Campus e o custo do mesmo.

A inscrición pode realizarse enviando un correo electrónico á dirección administración@santiagofutsal.com, chamando ao número de teléfono 981 11 50 38  ou nas oficinas do club.

22 de maio de 2015 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.