“Ningún neno sen bigote” logra recadar 101.500 litros de solidariedade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Os xogadores comprometidos coa campaña "Ningún neno sen bigote"

Os xogadores comprometidos coa campaña “Ningún neno sen bigote”

O pavillón púxose tamén para apoiar a campaña, miles de bigotes brancos durante a presentación dos xogadores, que tampouco dubidaron en lucilos. O Rio Natura Monbus Obradoiro volveu gozar da solidariedade dos seus afeccionados no partido de onte, no que levou a cabo unha recollida de leite para os Bancos de Alimentos, a cargo da campaña “Ningún neno sen bigote” de Obra Social La Caixa. 

Tras os 100.000 litros xa doados pola Obra Social La Caixa, na recollida xuntáronse 1.000 litros de leite que os obradoiristas deixaron no punto de recollida do hall de entrada antes de asistir ao último partido do curso. 

Ademais, Rio Natura , patrocinador principal do club, sumou á causa seis litros por cada punto dos de Moncho Fernández, polo que tras o 74 que marcou o luminoso á conclusión do partido, a firma doou 444 litros. 

Con estes case 101.500 litros de solidariedade destinados a sete delegacións galegas do Banco de Alimentos, Sar fará que moitos nenos en situación de vulnerabilidade poidan gozar deste alimento básico para a súa nutrición. 

25 de maio de 2015 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.