Nigrán aproba o proxecto de acondicionamento e mellora de pluviais na Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O goberno en funcións do Concello de Nigrán aprobou na xunta de goberno local celebrada hoxe o proxecto de acondicionamento e mellora de pluviais na Laxe, unha actuación valorada en 19.740 euros financiada a través da reasignación de fondos afectados polo aproveitamento urbanístico do SAU-9 en Porto do Molle.

Este proxecto contempla a construción dun muro de 30 metros de lonxitude que permita a habilitación dunha senda peonil na Rúa A Laxe, na contorna do parque empresarial, así como a mellora da rede de pluviais neste viario, xa que na actualidade as augas deste viario recóllense a través dun caz que discorre polo bordo da calzada.

A actuación dará continuidade á acometida o pasado verán polo actual goberno municipal na Rúa Porto do Molle, acondicionando un dos accesos ao parque empresarial, e mellorando a seguridade viaria desta rúa, especialmente para o tránsito peonil.

O alcalde en funcións, Alberto Valverde, valora de forma positiva estas dúas actuacións, que dan resposta a unha demanda dos veciños de Parada e dos usuarios do parque empresarial, á vez que resolve un serio problema de pluviais que afecta a esta rúa en particular, e destaca que el e o seu equipo seguen traballando ata o último momento por Nigrán.

27 de maio de 2015 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.