Nigrán abre as ofertas para a adxudicación das obras de urbanización do SAU 3

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán abre as ofertas para a adxudicación da primeira fase das obras de urbanización do SAU-3, cun prezo de saída de 58.590,50 euros sen IVE, unha actuación que será financiada cos fondos procedentes das expropiacións de Porto do Molle, o antigo almacén municipal e da AG-57, que como xa se avanzou no seu día, dará resposta á situación de abandono deste SAU de Panxón desde hai décadas.

As obras, cun período de execución máximo dun mes, consisten na reparación e finalización dos servizos básicos dun SAU no que habitan máis dun centenar de familias, como a reparación do pavimento, pozos e arquetas de saneamento, abastecemento e augas pluviais, a execución dun tramo novo de beirarrúa, a canalización do gas, telecomunicacións, rede eléctrica e iluminación pública.

Nas próximas semanas, a administración local solicitará toda a documentación pertinente para formalizar a adxudicación da obra, que comezará nun prazo estimado de entre 6 e 8 semanas.

4 de maio de 2015 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.