publicidade hoxe

Neda celebrará a terceira edición do seu Trofeo de Karate este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesNeda
A-
A+

A localidade acollerá este sábado, 30 de maio, a terceira edición do Trofeo de Karate Real Vila de Neda, promovido polo Concello en colaboración co Club Renbu-kan e a Federación Galega. Principiará ás 10 horas, no pavillón polideportivo de Neda, e a organización prevé a asistencia duns 180 deportistas de entre catro e 15 anos.

O acontecemento deportivo contará con participantes de clubes de dentro e fóra da comarca. Entre estes, o propio Renbu-kan Ferrol, a ESK de Narón, EK Franza, Grupo Bazán de Ferrol, Artes Marciales Fene, Santiago Apóstol, Val do Dubra, A Solaina, Inmaculada de Santiago e Club de Karate Ortigueira, entre outros. A competición está orientada en exclusiva ás categorías de base, dende benxamín ata cadete –de 4 a 15 anos– na modalidade de kata e nas categorías infantil –de 10 a 11 anos–, xuvenil –de 12 a 13 anos– e cadete –14 e 15 anos- na modalidade de kumite.

O obxectivo é promoción e fomentar a participación, de modo que gañen ou perdan, os deportistas poidan disputar o maior número de combates posible.

Por último, a entrega de trofeos celebrarase sobre as 14-14,30 horas.

26 de maio de 2015 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.