publicidade hoxe

Neda acondiciona dous lavadoiros en Casadelos e Cobeluda cunha achega da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, informou esta mañá do remate das obras de acondicionamento dos lavadoiros de Curuxeiras, en Casadelos, e da Roquiña, na Cobeluda. Intervencións que o Concello de Neda levou adiante grazas a unha subvención procedente da Deputación provincial da Coruña.

Os traballos consistiron na instalación de sendas cubertas nestas infraestructuras, así como na limpeza e adecentamento do entorno. No seu conxunto, a subvención ascendeu a 11.000 euros.

15 de maio de 2015 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.