publicidade hoxe

Neda acollerá o acto central do Día Mundial da Fibromialxia na comarca o martes 12 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Este ano, a Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica do Noroeste –Affinor- elexiu a real vila de Neda para celebrar o acto central na comarca do Día Mundial da enfermidade. Terá lugar este martes, 12 de maio, na praza do Concello. Alí, ás 12,30 horas, o alcalde, Ignacio Cabezón, acompañado da presidenta da entidade, Montserrat Porto Deibe, procederá á lectura do manifesto institucional nun acto aberto á veciñanza. Así mesmo, durante toda a xornada, Affinor ubicará unha mesa informativa na Casa das Palmeiras, entre as 10 e as 19 horas.

Neste emprazamento, a asociación ofrecerá toda a información sobre a enfermidade e recollerá firmas a favor da iniciativa lexislativa popular para a protección dos enfermos de fibromialxia e fatiga crónica.

Affinor é unha entidade sen ánimo de lucro que xurde en 2007 en Ferrolterra como unha iniciativa por parte dun grupo de familias, colaboradores e afectados destas doenzas. A día de hoxe ten máis dun centenar de socios e levan a cabo actividades de apoio emocional ao doente e aos seus familiares; terapias psicolóxicas; terapia cráneo-sacral; nordic walking e cursos de memoria, autoestima… Teñen tamén a disposición das persoas interesadas biblioteca con documentación, libros, reseñas en páxinas web, tratamentos, investigación…

8 de maio de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.