Mos recibe a resolución farovable para o sexto Obradoiro de Emprego
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Formación e Emprego, Óscar Soto, informaron de que hoxe se recepcionou no Concello a resolución favorable, por parte da consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, de aprobación do novo Obradoiro de Emprego, Mellorar-MOS, que é xa o sexto dos que se veñen desenvolvendo na localidade mosense.
O novo Obradorio de Emprego, que levará por título Mellorar-MOS, ten un obxectivo fundamentalmente ambiental que pretende a revalorización de espazos públicos do municipio destinados ao esparcemento social e a mellora de espazos e zonas verdes do Concello, entre eles a Capela de San Amaro, na parroquia de Petelos, e o seu contorno, os xardíns de San Eleuterio, o Parque Municipal de Torroso, o contorno do Pavillón Óscar Pereiro, a Avenida de Sanguiñeda e rotondas da Costilleta e das Angustias, a rotonda das Leiteiras en Dornelas e o Contorno do Multiusos das Pozas, tamén en Petelos. Tamén se realizarán labores de reposición de mobiliario urbán no Parque de Costoias (Tameiga), nos dous parques de Cela tanto no da Igrexa como no da Lagoa, e no contorno da Capela de San Amaro. As especialidades deste Obradoiro son: Construción – Pavimentación, Carpintería de Madeira e Xardinería. O Obradoiro terá unha duración de 6 meses é está destinado a 19 alumnos/as desempregados/as. A subvención concedida pola Xunta de Galicia para tal fin ascende a 170.000 euros.
Este novo Obradoiro de Emprego forma parte da política proactiva de emprego do Concello de Mos para o presente ano 2015 coa que atacar con forza á lacra do paro.
Contorno da Capela de San Amaro
Unha das partes fundamentais deste Obradoiro será a revalorización do contorno da Capela de San Amaro en Petelos mediante, entre outras, unha actuación consistente nunha praza que se proxecta nunha parcela ó noroeste da Capela onde se atopa unha vía utilizada con frecuencia polo paso de vehículos, esta vía limítase no seu ancho para reducir a velocidade dos mesmos e ó mesmo tempo exponse un pavimento de lastro, o que axudará á reducción da velocodade.
Ó carácter do que se pretende dotar á praza é de esparexemento social, vinculado á Capela de San Amaro e creando unha contorna na que se pretende reactivar o centro do núcleo. O recheo inclúe o saneo do firme existente, formando os terrapléns correspondentes e cos medios mecánicos necesarios. O volume a considerar é duns 721,50 metros cúbicos.
O muro de mampostería terá un espesor de 40 centímetros e terá unha altura máxima de 4 metros, a súa lonxitude será de 50 metros, mentres que o muro interior será de 40 metros. Os banzos da escaleira serán de granito gris piconado recto. Ademais tense en conta unha base de formigón sobre a que posteriormente se procederá á pavimentación.











