Mos ampliará o seu Ciber Municipal cunha subvención da Xunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A secretaría xeral de Cultura da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en colaboración co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, ven de concederlle ó Concello de Mos unha subvención para a mellora do equipamento e as instalacións do Ciber Muncipal, sito no mesmo edificio que a Biblioteca, na Porteliña, parroquia de Petelos.

No caso de Mos a axuda ascenderá a preto de 4.000 euros que irán destinados á renovación dos equipos tenolóxicos informáticos, isto é, á adquisición e instalación de novos e máis potentes e modernos ordenadores.

O horario do Ciber de Mos é de 10.00 horas da mañá a 21.00 horas ininterrumpidamente e ten acceso gratuíto para tódolos usuarios e usuarias, que deben ser socios da Biblioteca Municipal para facer uso mesmo. Para facerse socios/as da Biblioteca, os interesados só teñen que dar os seus datos persoais e levar unha fotografía de carné.

Actualmente o Ciber conta con 12 ordenadores que se aumentarán gracias á subvención conseguida. Dous destes 12 equipos están adaptados para usuarios e usuarias con discapacidade e todos contan con conexión a Internet.

Os servizos que ofrece o Ciber Municipal de Mos e o seu persoal son axuda e asesoramento para a elaboración do currículo e busca proactiva de emprego, axuda na realización de traballos escolares e impresión gratis de ata 10 follas en branco e negro por persoa.

12 de maio de 2015 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.