Moncho Fernández charla dos valores do deporte con Ezequiel Mosquera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Charla cos escolares

Charla cos escolares

O adestrador do Rio Natura Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, estivo no pavillón do Colexio La Salle co ciclista Ezequiel Mosquera, charlando cos escolares sobre os valores do deporte nas xornadas organizadas pola ANPA do centro.

Nunha conversación moderada polo xornalista da TVG, Sergio Delpont, técnico e deportista comentaron o que supuxera na súa vida persoal esta relación directa co deporte, transmitíndolle valores como a solidariedade, a importancia do esforzo e do traballo en equipo.

Ademais, antes de acabar ambos compartiron momentos máis distendidos cos nenos e nenas que os teñen como ídolos composteláns, aproveitando para tomarse fotos con eles e asinar autógrafos. Un Moncho Fernández emocionado recibiu tamén un agasallo no colexio no que empezou a adestrar ao baloncesto

7 de maio de 2015 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.