Mil escolares participaron nas visitas e nos talleres de “Educastro” no monte Santa Trega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Obradoiros con escolares

Obradoiros con escolares

O proxecto “EduCastro”, que se desenvolveu no Monte Santa Trega durante o mes de abril acercou a máis de mil nenos e nenas do Concello da Guarda, O Rosal e Oia, á cultura castrexa. O obxectivo deste programa educativo era mostrar os rapaces e rapazas os modos de vida na Idade do Ferro a través dunha visita guiada o Castro Santa Trega e participando en obradoiros didácticos.

A actividade que está financiada polo Padroado Municipal do Monte Santa Trega, Ministerio de Cultura e a Consejería de Cultura do Principado de Asturias, foi un total éxito entre os escolares e tamén entre os profesores.

Segundo valoran os monitores da actividade, o que máis lles gustou, tanto os nenos coma ós docentes, foron os obradoiros nos que había actividades grupais e tamén manuais. Así, afirman que ós escolares desfrutaron recreando os debuxos castrexos nunha táboa con area no obradoiro “Símbolos do pasado” e diferentes pezas de cerámica na actividade “A muller e a cerámica na Idade do Ferro”. Os instrutores confirman que o que máis lles gustou ós nenos e nenas foi poder levar as súas casas os traballos feitos nos obradoiros e enxeñarllos ás súas familias.

Pola súa banda, os alumnos de Secundaria traballaron na actividade “Cazadora na Prehistoria”, na que a través de réplicas de ferramentas usadas polos habitantes da Idade do Ferro, coñeceron a forma de facer destes poboadores.

Tras as visitas, que sucedéronse durante todo o mes de abril e simultaneamente no Castro de Santa Trega na Guarda, e en Asturias e Castela León, os monitores afirman que é unha actividade “para repetir”.

Agora, tanto os participantes neste programa, como outras persoas interesadas na cultura castrexa, poden obter información na aplicación para teléfonos móbiles e tablets creada polo proxecto e que ten o mesmo nome “Educastro”. Alí, ademais de ler datos sobre a vida dos poboadores castrexos e das súas formas de vida, tamén poderán divertirse a través de tres minixogos.

5 de maio de 2015 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.