“Meu deus, pero que che fixemos?” proxéctase en Redondela
“Meu deus, pero que che fixemos?” é destas películas que te deixan cun sorriso na cara e te fan escachar da risa unhas cantas veces. Unha ollada divertida ás diferenzas relixiosas e étnicas, na que uns pais católicos e tradicionais terán que enfrontarse a todos os seus prexuízos a medida que os xenros se van incorporando á familia. E ademais, a comedia francesa máis triunfadora dos últimos tempos. Este filme será proxectado no auditoiro da Xunqueira, en Redondela, o vindeiro venres 22 de maio, ás 21.00 h.











