Mellora da seguridade viaria na avenida Rosalía de Castro
O Concello de Nigrán informa do cambio do sentido de circulación das rúas Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro, situadas na contorna de acceso ao colexio Humberto Juanes. Esta medida compleméntase coa habilitación dun paso de peóns elevado na Avda. Rosalía de Castro, na intersección con Celso Emilio Ferreiro, unha actuación que como avanzou o goberno municipal o pasado mes de marzo, permitirá mellorar a seguridade viaria dos peóns na contorna do centro escolar.











