publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Rural comproba a execución das obras de mellora de 8 camiños rurais na Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+
Miguel Dubois na visita ás obras

Miguel Dubois na visita ás obras

O xefe territorial de Medio Rural e Mar de Pontevedra, Miguel Dubois, comprobou esta mañá, en compaña do alcalde de A Cañiza, Miguel Adolfo Domínguez, o avance das obras de mellora de 8 camiños rurais, executadas a través do Plan Marco.

As obras teñen como obxectivo a mellora de accesos a núcleos rurais para garantir a seguridade vial, executándose ensanches e pavimentacións para acadar uns camiños rurais máis axeitados. 

Os  traballos permitiron reformar máis de 2,3 quilómetros de vías nas parroquias de Achas, A Cañiza, A Franqueira, Oroso e Valeixe. En concreto, os camiños mellorados foron os de Lixoiros, Formigos, Nogueiró, Cruxeiras, Cebreiro, Uceira, Sibei e Viveiro. 

No caso da parroquia de Achas, melloráronse os camiños de Lixoiros e Formigos. O primeiro cunha limpeza de marxes e varrido do firme ao longo de 600 metros, estendéndose posteriormente unha capa de 5 centímetros de espesor de mestura bituminosa en quente. E no segundo, executáronse os mesmos traballos ao longo de 170 metros.

Na parroquia de A Cañiza, os camiños mellorados foron os de Nogueiró e Cruxeiras. No caso da primeira vía, a obra permitiu pavimentar a entrada ao núcleo rural con mestura de bituminosa en quente, así como o camiño principal interior ao longo de 305 metros. En relación ao segundo camiño, a obra executouse en 280 metros limpándose os marxes e varrendo o firme actual, aplicando a mesma mestura bituminosa. 

Na Franqueira melloráronse os camiños de Cebreiro e Viveiro. No caso do primeiro, traballouse ao longo de 210 metros executándose a obra en tres tramos diferenciados. No caso de Viveiro, a obra permitiu mellorar 450 metros con mestura bituminosa en quente. 

Finalmente, no camiño de Uceira, na parroquia de Oroso, realzáronse 15 tapas de rexistro ao longo dos 136 metros que foron mellorados cunha capa de 10 centímetros de formigón; mentres no camiño de Sibei en Valeixe, a mellora levouse a cabo ao longo de 170 metros co mesmo tipo de formigón.

O xefe territorial aproveitou a visita á Cañiza para agradecer a colaboración dos alcaldes pola súa colaboración no desenvolvemento destes programas que “poñen de manifesto a sintonía da administración autonómica e os concellos para levar a cabo os programas deseñados para alcanzar unha mellora da calidade de vida da poboación rural”. 

19 de maio de 2015 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.