Medio Ambiente acometerá a reparación do firme da glorieta elevada de Sabón mañá pola noite

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), levará a cabo este venres pola noite, día 29 de maio, a reparación dos danos existentes no firme da glorieta elevada de Sabón, no ramal de saída cara a estrada AC-552, sentido Villarrodis. Os desperfectos que se van arranxar foron ocasionados por una vertedura este inverno.

Estas actuacións darán comezo sobre ás 22.00 horas, unha vez diminúa a intensidade do tráfico, posto que para a execución é necesario proceder ao corte da circulación na zona afectada.

Cabe sinalar, que unicamente restrinxirase a circulación á glorieta elevada, polo que o tráfico pode seguir circulando pola glorieta inferior.

28 de maio de 2015 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.