Maxi Kleber convértese no Xogador Estrella Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Maxi Kleber

Maxi Kleber

O xogador alemán do Rio Natura Monbus Obradoiro, Maxi Kleber, é o elixido polo Membro do Club de Empresas Obradoiro como o obradoirista máis destacado da campaña. Recollerá o galardón no partido ante o Laboral Kutxa Baskonia, último do ano e peche de Sar ata o próximo outubro. O xogador promedia polo momento na liga Endesa 11.6 puntos e 2 asistencias, sumando un 13.1 de valoración.

Estou contento e halagado, a pesar de non estar convencido de que me corresponda. Significa moito para min, pero tamén significa un gran “grazas” ao corpo técnico, xogadores e traballadores do club, que fixeron para min tan cómodo xogar aquí desde o primeiro momento”, afirma.

Ademais, Kleber ten en común con Estrella Galicia que non cre na sorte, como indica a marca cervexeira na súa última campaña publicitaria, protagonizada por Marc Márquez e Clive Arrindell. “Tampouco creo na sorte a maior parte das veces, todo o que podes facer depende de traballar duro, permanencer concentrado e saber claramente o que queres para poder conseguilo”, explica o á-pivote. 

20 de maio de 2015 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.