publicidade hoxe

Master class de spinning na piscina climatizada de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O sábado 30 de maio, ás 10 horas, terá lugar na Piscina Climatizada de Verín a ‘Master Class Spinning’, que será impartida por persoal desta instalación deportiva.

Esta actividades estará destinada a todas as persoas interesadas na práctica do spinning e amantes da bicicleta. Durante hora e media, dous monitores ofertarán esta clase guiada na que de modo práctico amosarán como se debe realizar esta disciplina deportiva. Todos/as os/as interesados/as en participar deben inscribirse na Piscina Climatizada de Verín (terán prioridade os/as usuarios/as desta instalación deportiva) O horario aberto ao público da mesma é de luns a venres (07.30 a 12.30 e 16.00 a 23.00 horas), sábado (09.00 a 13.00 e 16.00 a 20 horas) e domingo (10.00 a 13.00 horas).

Incorporación de novo equipamento deportivo na Piscina Climatizada

Nas últimas xornadas, e tras a substitución das bicicletas elípticas por unhas novas, adquiriuse unha nova cinta de correr que xa está instalada no ximnasio da Piscina Climatizada de Verín. Tamén se incorporaron novas taquillas nos vestiarios da instalación deportiva ante o incremento de usuarios/as da mesma (na actualidade conta con 1.720 abonados).

22 de maio de 2015 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.