Mañá comeza o III Congreso Internacional de Viveiros de Empresas en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraPontevedra
A-
A+

Mañá mércores 13 de maio, ás 10:30 h, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, o director xeral de Fondos Comunitarios para España, José María Piñero, o director xeral da Fundación Incyde, Javier Collado, e o presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Eduardo Barros, inauguran o III Congreso Internacional de Viveiros, que se desenvolve na sede de Afundación en Pontevedra. O evento está organizado polos Fondos Europeos FEDER e a Deputación de Pontevedra, co apoio das Cámaras de Comercio da provincia e a Fundación Incyde.

Antes da inauguración oficial, ás 9:30 h, Emilio Duró, recoñecido consultor, asesor e formador en empresas punteiras españolas, daralles a benvida e animará os máis de 250 emprendedores e micropemes que participan no congreso. O director xeral de Fondos Comunitarios, José María Piñero, falará sobre o apoio de Europa ós emprendedores e o profesor da Universidade de Harvard, Kriengsak Chaeronwongsak, proporcionará a súa visión sobre o futuro da economía global e o seu impacto en emprendedores e incubadoras.

O congreso divídese en tres bloques: innovación e tecnoloxía, financiamento, e márketing e venda, seleccionados por ser piares estratéxicos para o éxito dun proxecto empresarial ou para a consolidación dunha micropeme. O congreso desenvolverase ata o mércores 14 de maio.

12 de maio de 2015 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.